David Rodriguez

Era maio de 2002,non recordo o día,cando o meu avó me falou  sobre a gaita galega.Él sabia facela soar e sabía un par de pezas,tamén lle pegaba ben ó acordeón, pero o que a min realmente me gustaba era a gaita.

Comecei a ir a escola de gaitas e percusión de Xinzo de Limia,e ao parecer non se me daba nada mal….(ou eso decían)

Aínda recordo ó meu mestre de gaita ensinandome os exercicios numero 1,2,3,4….e as escalas musicais….Pronto comecei a aprender a miña primeira peza : A Xeito De Marcha….logo veu :Muiñeira das Cíes…..e así ata oxe en día,aprendendo una peza tras outra…

Durante esta etapa na escola de gaitas coñecín moita xente e fixen bos amigos como son Miguel García,Iván Prado e Tania Prieto.Cos que a día de hoxe perdura un boa amizade. 

A día de hoxe,coa Banda de Gaitas xa visitamos moitos festivais,dentro de Galicia,Asturias,Francia...e varios campionatos nos que acadamos moi bos resultados.

 Certo día,nun ensaio coa Banda de Gaitas,pensamos en montar un grupiño folk.As primeiras impresións foron de risas,e de pero ti que dis oh,pero unha vez ben afinadiños e tocando como ten que ser,foi todo un éxito,e Lirolaio,leva tocado en moitas zonas de Galicia,en moitas ceremonias e actos,o oxalá esto perdure moitos anos.

 Saúdos amigos