Por obra e gracia de montar festa

 •Todo escomezou un dia, un dia deses calqueras cando dixemos "ostia esto mola non?"...

Decembro de 2008, e tras preparar en dous ou tres dias unha actuación para o I.E.S. Lagoa de Antela quedamos en facer algo verdadeiramente grande.

Falamos cos nosos contactos (amigos) e buscamos xente para formalo, e asi naceu o grupo de musica "Lirolaio", con compoñentes da Limia.

Aínda estamos crecendo, aínda non somos, coma quen di, ninguén, pero pronto seremos algo, pronto teremos un gran repertorio, unhas marabillosas cancións...

E xa seguiremos...

 

 

A nosa música está centrada sobre todo en temas para bailar, temas que se che meten no corpo coma rumbas, polcas, pasodobres, etc... pero iso só será nun principio para darnos a coñecer, xa que, nas nosas xoves mentes, descansan ideas de grandes cancións arranxadas para piano, gaita, clarinete, violín e mesmo algunha con trompeta e demais...

Queremos, e seguro k o conseguirems, chegar a ter todo tipo de estilos na nosa música. Ser bos, aínda que non gustemos, e poder ser algún día algo máis que un grupo que soña, senon, un grupo que soña tocando.