A Gaita Galega

A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturias e o Bierzo. É o símbolo por excelencia da música tradicional galega.

PARTES

A gaita galega consta de:

  • un soprete, co que se introduce o aire no fol.
  • un punteiro, co que se pode tocar en "aberto", ou en "pechado";
  • un fol, onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento;
  • un roncón, o tubo que se apoia sobre o ombro do gaitero, que soa na mesma nota que o son do punteiro na posición de Re, pero dúas oitavas máis abaixo;
  • un ronquete, o tubo que se apoia sobre o antebrazo dereito do gaitero, que soa na mesma nota do roncón, pero unha oitava máis arriba que este e unha máis abaixo que a posición Re do punteiro, e
  • un ronquillo, que sae do fol paralelo ao ronquete, que soa con igual nota que a posición Re do punteiro, unha oitava máis arriba que o ronquete e dúas máis arriba que o roncón.